Sobre nos
Seguridade e confianza: Grupo Gontad, teu socio no camiño
En Grupo Gontad Seguros, con máis de trinta anos no sector, sentímonos orgullosos de ser un referente na Costa da Morte. Guiámosnos por principios como a transparencia, a proximidade, a resolución efectiva e o coidado xenuíno polo benestar dos nosos clientes. Contamos cun equipo dedicado que ofrece servizos excepcionais, proporcionando a confianza e tranquilidade que mereces.
Máis ca unha aseguradora, somos parte activa da comunidade, comprometidos co seu desenvolvemento local. Nun mundo cheo de opcións, elixir Grupo Gontad Seguros é optar por unha protección respaldada por unha traxectoria probada. Estamos aquí para ser o teu socio de confianza no camiño cara a un futuro seguro.
Coidado persoalizado, profesionais adicados
Dende axentes especializados ata o persoal administrativo, somos unha familia que entende a importancia da confianza e a transparencia. Con anos de experiencia e unha dedicación total, acompañámoste en cada paso do camiño, ofrecendo a tranquilidade e seguridade que só un equipo comprometido pode darche. En Grupo Gontad Seguros, a túa protección é a nosa prioridade, e estamos aquí para asegurarnos de que recibas o mellor servizo posible.
Opinións de clientes
"Levamos moito tempo confiando en Grupo Gontad para os nosos seguros, e a verdade é que non podemos estar máis contentos. O seu servizo de atención ao cliente é espectacular, sempre atentos e dispostos a axudarnos en calquera cousa que necesitemos. Dá unha gran tranquilidade saber que estamos ben protexidos e que valoran de verdade aos seus clientes. O seu equipo combina perfectamente experiencia e cercanía, e iso é algo que se agradece moito."
"Dende o primeiro momento no que contactamos con Grupo Gontad, notamos que eran diferentes. A súa cercanía e a atención personalizada fannos sentir coma se formásemos parte da súa familia. Cada vez que tivemos algún problema, responderon rápido e de forma moi eficaz. Sen dúbida, recomendaría Grupo Gontad a calquera que busque un seguro de calidade e un trato humano excepcional."
"O que máis valoramos de Grupo Gontad é que non só nos venden pólizas, senón que nos ofrecen tranquilidade. A súa dedicación e capacidade para resolver calquera problema son realmente destacables. Cada vez que necesitamos asesoramento ou facemos cambios nas nosas coberturas, están sempre aí para axudarnos. Son auténticos profesionais, e estamos moi agradecidos de poder contar con eles como os nosos aseguradores."